13.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Unha persoa ferida ao ser atropelada por un tractor en Merexo

Un home foi evacuado ata o centro hospitalario de referencia tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola no termo municipal de Muxía.

Segundo a información facilitada pola persoa particular que chamou ao 112 Galicia ao fío das 17:45 horas, o ferido foi alcanzado polo tractor no lugar de Merexo, na parroquia de San Martiño, e necesitaba asistencia sanitaria. De feito, nun principio sinalaba a necesidade de uso do material de excarceración, pero, unha vez no lugar do suceso, os equipos de intervención liberaron ao varón sen facer uso deste equipamento.

As lesións provocadas polo accidente motivaron a mobilización do helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así o confirmaron os profesionais sanitarios unha vez informados polo 112 Galicia. Para colaborar co persoal sanitario, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Cee, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

INFO-AXEGA 112

FOTO-PROTECCIÓN CIVIL MUXIA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos