Os concelleiros aluden a unha gravación que chegou a un dos concelleiros non adscritos e que segundo eles aclararía a situación. Pensan que o alcalde debe dimitir. Reproducimos a nota de prensa que nos remitiron
Según o Alcalde de Ponteceso e así ratificado polos dirixentes da Executiva Provincial do PSdeG – PSOE, con Valentín Formoso e Lage Tuñas a cabeza dixeron que os tres concelleir@s do grupo de goberno do PSOE Pontecesán lle fixeramos unha chantaxe ao Alcalde pedindo cartos a cambio da estabilidade do goberno, no audio que o Alcalde NON PERMITIU escoitar en pleno demóstrase BEN CLARIÑO que foi o propio Carballido quen nos ofreciu, cartos, dietas, tickets, coches etc…
O que fixo o Alcalde foi actuar de mala fe, e pedir unha reunión para provocarnos e facer unha montaxe coa fin de desprestixiarnos diante dos nosos veciñ@s, poñendo en duda a nosa honradez e buscando unha expulsión do partido.
Non entenderemos NUNCA porque os dirixentes dun partido que se din de esquerdas, progresistas e feministas non nos deron a oportunidade de emitir a nosa versión, en vez diso FIXERON » leña do árbol caído» , pois señores non esperamos mais que que vos apliquedes o refrán de «a lo hecho pecho», asumades a vosa equivocación, pidades disculpas e actuedes co Alcalde coa mesma contundencia que o fixechedes con nos no seu día, iso si a él escoitáchelo sempre.
Non saimos do asombro de que un partido coma este en realidade non se aplique o da igualdade de oportunidades e que só sexan palabras bonitas para un discurso co que engañar os votantes.Ainda estades a tempo de amañar parcialmente o dano provocado a xente de Ponteceso, apartade a Carballido do poder e deixade que Ponteceso progrese, de non ser así entendemos que esta Executiva ten uns valores peores q os do Alcade e dicir, NINGÚN.
O mesmo acontece coas duas concelleiras que siguen apoiando ao Acalde, porque elas foron conscientes en todo momento de que isto era unha FALSIDADE, foron partícipes da mentira igual que o foron cando non axudaron a nosa compañeira Raquel, esas persoas non son dignas de representar os veciñ@s, deberían ser conscientes de que nos elixen para ser honestos e buscar o ben do pobo;
¿a donde serían capaces de chegar se son capaces de seguir a corrente de Semellantes acusacións sabendo que é toda unha montaxe???
Elas saben que é tal o descaro que ten Carballido para MENTIR, que non só non é transparente cos veciñ@s,a proba está en que non deixou escoitar o audio no pleno, senon que incluso nega a súa propia voz nunha entrevista na Cadena Ser.
Pois ben, un alcalde que non reconoce a súa propia voz, e que curiosamente despois de crear unha COMISIÓN ESPECIAL DE INVESTIGACIÓN DE INSTALACIÓN CÁMARAS NO CONSISTORIO, presuntamente manda destruir toda a documentacion da alcaldía e por enriba trata a xente de tonta, falando da sede electrónica…coma se as cámaras estivesen nesa sede… , non pode convencer a ninguen sacando nota de prensa o dia seguinte dicindo que vai facer unhas pistas e xa está.
Por todo esto, por utilizar o mais » sucio» como estratexia política o Alcalde DEBE DIMITR, senon é así a Executiva Provincial DEBE asumir a sua responsabilidade e apartalo polo ben da sociedade e do propio partido.
Se non o fan esperemos que en algún momento lles remova conciencia de facer tanto dano e vaian saindo a luz a verdade dos feitos, como quen nos mandou o audio cunha nota que poñía » hai máis».NUNCA deberon publicarse audios nin videos de conversas privadas e menos que menos en dependencias públicas, pero está claro q o responsable de todo isto dalle igual o noso parecer, pq todo lle vale.
Ainda que cheguen meses despois agradecemos que a «ese alguen» lle removese a conciencia e decidise dar este paso, so pedimos q os nosos inimigos, ainda q inimigos sexan xustos e teñan principios.