Tres mulleres. Tres testemuños. Unha historia de traballo. Unha mina nun momento histórico. Nun pulso bélico co wolfram como recurso codiciado. O “ouro negro” de Varilongo.
As voces de María Ángeles Lois, María Domínguez e María Josefa Espasandín protagonizan unha montaxe difundida polo concello de Santa Comba, nun proxecto impulsado polo Centro de Información ás Mulleres coa colaboración de varios departamentos municipais.
“Son as simbólicas voces doutras moitas que cambiaron escola por mina, campo por wolfram e foron protagonistas dun dos momentos históricos más significativos do século XX” indican fontes municipais.
Tres xalleiras lembran os tempos do wolfram. Anos con Santa Comba como territorio obxectivo por parte de grandes potencias, desexosas do prezado material.Pero tamén falan doutros aspectos das súas vidas, nunha iniciativa enmarcada dentro do mes do “Día Internacional da Muller”.
Da importancia da Mina de Varilongo xa nos falaba Rafael Lema neste artigo