O portavoz municipal do BNG de Muxía, mantén “poucas esperanzas” de que haxa un cambio de rumbo no concello, pero agarda que sexa posible un entendemento entre goberno e oposición “porque se non vainos ir moi mal”.
Entrevista a Carlos Concheiro minuto 29
”A oposición quixo falar sen ningunha condición”.
Carlos Fernández Concheiro séntese “confuso” coas declaracións do alcalde, Iago Toba sobre un suposto “Pacto do Odio” e quere deixar claro:“Cos votos do BNG nunca vai a acceder ao poder o Partido Popular, pero eu falo con quén haxa que falar para aprobar cousas para Muxía”.E tamén indica que o seu grupo “non ten nada que ver nas liortas internas do PSOE”.
Opina que realmente é o alcalde “o que está facendo o bloqueo” xa que “está enrocado”. Diferencia a situación de Muxía da que se vive no concello de Ponteceso:”A oposición quixo falar sen ningunha condición”.
“Él non quere falar con ninguén”
Concheiro lembra que “levamos tempo ofrecendo diálogo” pero “Él non quere falar con ninguén”.Insiste en que o alcalde “ten que intentar negociar” e reitera a vontade do BNG de traballar nesa dirección.
Sobre o ambiente vivido no último pleno, estima que foi “a situación máis mediática con interrupcións e faltas de respecto” pero é algo “que se leva repetindo en plenos anteriores”.Non cree que ese ambiente se viva entre a cidadanía:”No pobo de Muxía non existe ese rancor ni esa separación en absoluto”.