13.6 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

García Cotelo:”Nin o alcalde nin os mandatarios do PSOE provincial escoitaron as nosas propostas”

“A deslealdade dos dirixentes da Deputación da Coruña non ten límites” aseguran desde o PP.

O portavoz do Partido Popular no concello de Ponteceso, Daniel García Cotelo, expresou a súa satisfacción polo feito de que o Vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira(BNG) recibira a veciños de Ponteceso, pero lembrou que tanto os populares como os non adscritos solicitaron unha xuntanza con Presidente e seguen sen resposta:“Pedimos por rexistro a reunión o día 8 de marzo e aínda non tivemos resposta”.

Para Cotelo “é unha deslealdade que o BNG reciba na institución provincial aos veciños de Ponteceso e non responda ás peticións dos representantes da maioría do pobo”.

«Xa estamos fartos de que nos sinalen por que non haxa POS en Ponteceso»

Sobre as declaracións de Regueira apelando ao diálogo suliñou:“Diálogo é o que nós estamos a ofrecer desde o primeiro momento, pero nin o alcalde nin os mandatarios do PSOE provincial escoitaron as nosas propostas”.

Os populares insisten:“Xa estamos fartos de que se nos sinalen por que non haxa POS en Ponteceso. O único responsable desta situación é o alcalde, que non ten maioría para gobernar e que non ten capacidade de diálogo con ninguén”.

Nun día no que Lois García Carballido lamentou a perda do Plan Social, Daniel García Cotelo explicou que “por responsabilidade política e por respecto aos nosos veciños, non podemos aprobar que o POS se destine a gasto corrente, tendo en conta as necesidades que hai no municipio”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos