O pleno da Deputación da Coruña aprobou este 26 de marzo, por unanimidade de todas as forzas políticas, o Fondo Social do Plan Único (POS+2021), que destina 13.8848.408 euros para apoiar aos concellos da provincia no incremento do gasto social derivado da pandemia.
E ao fío desta noticia, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, describía este día como «un dos máis lamentables na historia de Ponteceso».
«A oposición uniuse para bloquear o Plan Social»
Carballido cargaba contra a oposición:”En tres plenos a oposición de Ponteceso uniuse para bloquear e votar en contra do plan social, que destinaba 100.000 ao plan de emprego social e 51.000€ a dependencia”
E defendía a súa proposta:»Un informe técnico social recomendaba destinar os cartos a esa función. A oposición votou en contra. No peor da crise, un ano despois do inicio da pandemia, a oposición dalle unha patada na cara ás necesidades de 15 traballadoras e traballadores, e moitos depedentes de Ponteceso».Nas últimas horas o alcalde de Ponteceso difundía un vídeo na rede social Facebook no que pedía mobilización veciñal mentres pasaba o ferro.