5.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Mónica Vilela:”O alcalde díxome que era un cancro para Muxía. Hai límites que non se poden pasar”

A concelleira non adscrita, Mónica Vilela Vilela, criticou abertamente a actitude do alcalde Iago Toba no último pleno:”Díxome que era un cancro para Muxía. Hai límites que non se poden pasar”.

Considera ilustrativo que os tres grupos da oposición consigan entenderse e o grupo do PSOE liderado por Toba non:”É unha persoa que non quere falar porque o seu orgullo llo impide”.

Entrevista Iago Toba (minuto 30) –  Entrevista Mónica Vilela(min 83)

“Vende fume á xente e chantaxea a oposición”.

Convida ao alcalde a falar e buscar acordos:”Nós estamos para dialogar. Ten a nosa colaboración”. Lembra que o mandatario “é o que ten que ten que xestionar, non a oposición”.

Con respecto a actual situación considera que o rexedor “está indo mal, hai outra forma de xestionar”. Percibe moita propaganda e poucos feitos:”Vende fume á xente e chantaxea a oposición”.

“Ten que comprender que está en minoría”

Xustificou a súa postura no último pleno, pola falta de proxectos e explicacións previas, e tamén polo feito de ter “un orzamento para pagar” moitas das cousas que pretendía sufragar co remanente municipal.Mónica Vilela nega que sexa unha transfuga:”Él recoñeceu que me puxo fóra do PSOE. Eu non vou a estar con quen non me quere”.

“Ten que comprender que está en minoría e saber cales son as prioridades para Muxía. Vende fotos pero non hai nada”. Sobre o futuro Vilela manifesta:”Se a postura segue sendo a de non dialogar, vai a ser un problema que terá que explicar”.

O vindeiro xoves estará no programa Na Encrucillada o voceiro do BNG, Carlos Fernández Concheiro

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos