5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Iago Toba sostén que PP, BNG e non adscritos teñen un “pacto totalmente armado” que prexudica a Muxía

//O alcalde lembra que a oposición ten a ferramenta da moción de censura pero que todo o mundo “intúe” os motivos de que non a presenten//

AUDIO- ENTREVISTA IAGO TOBA(MINUTO 30)- MÓNICA VILELA(MIN 83)

O alcalde de Muxía non ten ningunha dúbida que o Partido Popular, o BNG e os non adscritos “teñen un pacto totalmente armado. O que eu lle chamo o Pacto da Vergoña. Este pacto da vergoña quitándolle aos muxiáns o que é deles”.

E que segundo a versión de Iago Toba xa xurdiu fai meses co “obxectivo de demostrar que estábamos en minoría e ter que rendir pleitesía”.

Autoridade para gobernar

Deixa claro que vai continuar gobernando e que a súa situación “non vai a ser sinónimo de chantaxe, rendición nin escurantismo. Síntome con autoridade para gobernar porque así o dixeron os veciños de Muxía”. O alcalde lembra que a oposición ten a ferramenta da moción de censura pero que todo o mundo “intúe” os motivos de que non a presenten.

“A portavoz do PP xa dixo que se me ia a complicar a gobernabilidade” apuntou o alcalde que tamén inclúe ao BNG nesa suposta estratexia común:” Antes de sentarnos na mesa xa sae (O BNG) nos medios de comunicación dando ultimátums. E os diálogos non se empezan así”

Unión da oposición que obstaculiza mellorar para Muxía

Iago Toba ten claro que “estas tres forzas políticas que están unidas van a seguir nesta dirección, obstaculizando melloras para Muxía”.Cualificou de “manipulación burda” que Sandra Vilela afirmara en Radio Xallas que o PSOE votara en contra da auga de Suxo:”Votamos en contra da enmenda que cuarta toda a nosa proposta”.

Sobre a división veciñal que lamenta o PP asegura:”Hai división de das partes. Está o pobo e están eles´”. Pensa que o último pleno “foi un auténtico fracaso para a veciñanza”, e aínda que non está “ogulloso” das formas empregadas na sesión sí no fondo.

Insiste que é consciente da tributo que ten que pagar por non gobernar para un determinado “lobbie” pero sinala que “non vou traicionar a miña ética e a miña moral”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos