9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Un traballador foi evacuado en helicóptero tras ser alcanzado por unha máquina agrícola en Mazaricos

Foto- Arquivo

Info- AXEGA 112

Un operario foi evacuado a bordo do helicóptero medicalizado do servizo de urxencias sanitarias ao mediodía de hoxe despois de sufrir un accidente cunha máquina agrícola no lugar da Picota, no concello  de Mazaricos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención que acudiron ao lugar dos feitos, o traballador foi atropelado polo vehículo e sufriu lesións de diversa consideración.

Ás 13:00 horas, os xestores do 112 recibiron a chamada dunha persoa particular que solicitaba asistencia médica para o operario ferido, que atopábase liberado e accesible. Deseguido, pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron ata o lugar a aeronave medicalizada con base en Santiago.

Para prestar apoio ao equipo médico, desde o 112 avisouse tamén aos Bombeiros de Santa Comba, ao GES de Muros, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos