10.3 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Sandra Vilela:“A actitude do alcalde quedou reflexada no pleno. Berros, insultos, manipulación…”

A portavoz do Partido Popular en Muxía, lamentou a situación que se está vivindo no concello: – Muxía está polarizada por culpa deste señor. O alcalde xenera conflitos. É moi triste que se estea insultando a concelleiros nas redes sociais e o alcalde lle dea “Me Gusta” a eses comentarios-.

Para Sandra Vilela o mandatario “dedícase a alentar” provocando un enfrontamento entre veciños:“A actitude do alcalde quedou reflexada no pleno. Berros, insultos, manipulación…”

ENTREVISTA A SANDRA VILELA DESDE O MINUTO 22

«Non lle quitamos absolutamente nada a Muxía»

Vilela deixou claro que “non lle quitamos absolutamente nada a Muxía”, explicando que no último pleno aprobaronse unhas partidas, e as demais teñen “encaixe” nos orzamentos.Incidiu no voto en contra do PSOE á emenda da oposición, polo que o rexedor “votou en contra da auga de Suxo”. Con respecto á Gardería Infantil reiterou que “non hai proxecto” e preguntouse – Imos a aprobar unha obra que non existe?.

Sandra Vilela lembrou a Iago Toba a necesidade que ten de dialogar coa oposición:”Teño a esperanza de que o alcalde dea un paso atrás. É imposible falar con él. Ten que falar coa oposición”.

Puxo como exemplo a emenda aprobada no último pleno, con tres grupos con posicións distintas que chegaron a un acordo, e recriminou que o alcalde non buscara apoios:”O alcalde tería que haber falado con todos nós. A prioridade é Muxía”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos