7.7 C
Santa Comba
domingo, marzo 3, 2024

O BNG de Santa Comba critica a xestión dun goberno local que “está de costas aos veciños”

O BNG de Santa Comba informou dunha xuntanza que o portavoz nacionalista, Alberto Calvelo, mantivo co presidente da asociación de empresarios, Alberto Romar, na sede da entidade patronal.

Segundo o BNG “a reunión, acordada polas dúas partes, tiña por obxectivo coñecer de primeira man as inquedanzas, necesidades e suxerencias da Asociación, e por extensión, da empresa, comercio e hostalería xalleiras”.

Calvelo Lorenzo trasladou “a plena disposición de colaboración e apoio nas iniciativas que adopte a Asociación e que redunden en beneficio das empresas, autónomos, comercios e hostalería locais”.

Desde o BNG xalleiro achégannos a seguinte nota de prensa:

Como froito desta xuntanza, así como dos diferentes contactos mantidos durante os derradeiros meses, o BNG de Santa Comba manifesta : 

A nosa fonda preocupación pola escasa actividade do Concello no tocante á promoción económica, tanto empresarial como comercial. Os sucesivos gobernos deste concello non foron quén de xerar as condicións para a implantación de iniciativas que permitan a xeración e fixación de emprego. Non se implementan axudas, non se axilizan trámites, non se facilita a burocracia. En resumo, ante ideas e iniciativas nascidas do traballo e da ilusión de autónomos e pequenos empresarios, éstes só se atopan con trabas burocráticas e administrativas, precisamente na entidade máis cercana e que mellor debería entender, e atender, as súas necesidades. 

Esta incercia ten como consecuencias non só o progresivo deterioro do tecido produtivo e social do concello a medio e longo prazo, aparte do progresivo despoboamento, e a reducción de riqueza e potencialidades. A curto prazo, no inmediato, tamén se deixa notar a ineficiencia :  

CASO AXUDAS PEL REACTIVA 

Somos dos derradeiros concellos da provincia en resolver a convocatoria de axudas do plan reactiva da Deputación da Coruña. Meses despois da súa convocatoria, ningún dos solicitantes recibiron aínda un só euro. Máis vale non depender da axilidade dos trámites do concello de Santa Comba. 

Ademáis de ir con todo o retraso do mundo, o Concello de Santa Comba aplica baremos restrictivos que deixan a moitos autónomos do concello sen poder acceder ás axudas. Este extremo considerámolo gravísimo, dado que, comparativamente, o mesmo solicitante, cos mesmos datos, atendendo ao mesmo plan reactiva, acada axuda de se atopar no concello de Mazaricos ou de Negreira, por exemplo, pero grazas a unha interpretación restrictiva e, desde logo non proactiva a prol intereses dos xalleiros, devandito solicitante queda sen axuda. 

Axudas que por dereito corresponden, son negadas, queremos pensar que por ineptitude e non por maldade. Nin por favorecer a terceiros ou aos últimos da cola. Queremos pensar. 

Sirva isto como unha pequena mostra. Esta é a xestión que lle brinda o Concello de Santa Comba aos seus cidadáns. Unha xestión, que está de costas aos veciños. Unha xestión que non só non axuda, senón que incluso acaba sendo unha carga.  

O Concello de Santa Comba, como ben saben e din a maioría dos autónomos, comerciantes, hostaleiros, pequenos empresarios, é unha entidade que non favorece os trámites aos seus cidadáns. Penalízaos.  Emprendamos un camiño que mude este Concello.

FOTOS DE ARQUIVO

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos