10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Lucía Veciño (BNG Ponteceso):”A única responsable desta situación é a corporación municipal”

A responsable local do BNG, Lucía Veciño, analizou a actualidade política do concello de Ponteceso nos micrófonos do programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.“Vivimos unha total situación de bloqueo que vén dada por unha clara situación de desgoberno e desleixo que está vivindo o concello desde hai tempo” declarou Veciño.

Entrevista Lucía Veciño (Desde o minuto 17)

A representante nacionalista fixo alusión a “unha crise de goberno que desembocou nun desgaste” e “nunha incapacidade para chegar a acordos coa oposición”·

Unha oposición que para o BNG marca “unha liña vermella lexítima” pero que debería de “priorizar”. De feito, non concordan en que esa liña sexa a da dimisión do alcalde, xa que para isto están as eleccións ou a moción de censura “pero nunca perdendo axudas”.

Preocupación e raiba no BNG pola situación de Ponteceso

Para Lucía Veciño “Ponteceso está nunha situación crítica. Non se están asumindo as responsabilidades políticas.Non se pode castigar a todo o pobo e a todo o concello “. Non oculta a “preocupación e a raiba” polo estado das cousas e sinalda que “a única responsable desta situación é a corporación” e a que ten que “buscar unha solución e chegar a acordos”.

“Non entendo porque hai que buscar culpables noutras administracións” asegura. Pensa que este problema é máis de “liorta personalista entre eles” que de “discrepancias ideolóxicas”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos