14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Carballido pide a intervención de Feijóo e o PP afirma que quedou “inhabilitado” para seguir como alcalde

O alcalde de Ponteceso comentou hoxe que leva seis anos agardando a ser recibido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Considera que neste momento a reunión solicitada é “máis urxente ca nunca” e lembrou que Feijóo tivo “un apoio maioritario en Ponteceso” nas pasadas eleccións.

“É o Presidente de todos os galegos e galegas, e as veciñas e veciños de Ponteceso necesitan máis ca nunca da intervención do Presidente da Xunta” de declarou Lois García Carballido.

“Carballido non pode seguir como alcalde nin un minuto máis”

Pola súa banda desde as filas popular o  vicesecretario xeral de Organización e Territorio provincial arremeteu contra o mandatario pondaliano:“O señor García Carballido non pode seguir como alcalde nin un minuto máis. Os veciños de Ponteceso están a padecer as consecuencias dun bochorno sen precedentes que inhabilita ao rexedor para seguir no seu cargo”.

Para Evaristo Ben coa perda do POS confirmouse o fracaso do alcalde socialista: “García Carballido poida que teña o respaldo legal que lle deron as urnas no seu día, pero a crise interna e o divorcio que existe no seu grupo, onde quedou en clara minoría, desacredítano para seguir á fronte do Concello de Ponteceso”.

Manobras para derrotar a Gonzalo Caballero

Desde o PP esixen ao secretario provincial do PSOE, Valentín González Formoso, a tomar cartas no asunto:“Estaría ben que González Formoso deixase ao carón as manobras que está a levar a cabo no seu obxectivo de derrocar ao señor Caballero á fronte do PSdeG e se centrase en solucionar os problemas que a súa formación ten repartidos en diferentes puntos da provincia como Ponteceso, Ortigueira ou Muxía”.

Defendeu a vontade negociadora do PP permitindo a aprobación dos POS en concellos coma Ortigueira ou Muxía:“O que non imos consentir é que, en lugar de sacar adiante actuacións que son necesarias para o municipio, o alcalde dedíquese a dilapidar ese diñeiro sen ningún tipo de control”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos