Unha muller resultou ferida esta tarde no termo municipal coruñés de Cee ao colidir contra unha árbore o coche que conducía e rematar nun desnivel.
A muller accidentada, que quedou atrapada no interior do vehículo, tivo que ser liberada polos bombeiros da localidade. Neste sentido, a situación de inestabilidade do turismo sinistrado complicou os labores de rescate, xa que o vehículo terminou nunha pendente.Os feitos tiveron lugar na DP-2302, entre os puntos quilométricos 8 e 9, ao fío das 17:10 horas.
Foi, nese momento, cando unha persoa particular deu conta do accidente ao 112 Galicia. Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Info-AXEGA 112
Foto- Bombeiros Costa da Morte