A concelleira non adscrita, Raquel Fondo Pérez, quixo deixar claras varias cousas no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas. En relación ao POS manifestou: “Non queremos perder eses cartos pero non podemos permitir que os administre un señor que non sabemos onde os vai a poñer”.
Tamén aclarou que o alcalde “en ningún momento nos chamou para falar do POS”. Con respecto a Lois García Carballido incidiu nas críticas dos outros catros concelleiros discrepantes:”En ningún momento foi transparente con nós, que éramos o seu goberno. Eu non podo confiar nese señor”.
Entrevista a Raquel Fondo- Desde minuto 73
Recrimina o egocentrismo de Carballido que “destruiu o PSOE, Protección Civil e todo o que pasou polas súas mans”. Pero tamén a “información nula”, a perda de axudas ou a non execución do POS 2020.
«Aquí o problema é o Señor Carballido»
Raquel Fondo ten claro que “aquí o único problema é o señor Carballido. Ponteceso non merece un alcalde coma él nin esta política bochornosa”. Promete aos veciños todo o esforzo por buscar a solución.
Ante o ofrecemento de APIN para unha moción, agradece o xesto e comenta:”Ten que ser un acordo entre todos pero a cousa fácil non está”.
En relación ás reflexións de José Antonio Viña sobre a necesidade de de tentar buscar diálogo, considera moi complexo, polo propio carácter do mandatario e polo propio partido:”O PSOE é coñecedor de sobra desta situación e mira para o outro lado”. Un partido que optou por expulsalos:””Non somos tránsfugas. Nós non marchamos. Botáronnos fóra dunha forma rara” engade a concelleira.“Carballido está completamente só. Vai en dirección contraria” comentou Fondo.