O portavoz de APIN, José Manuel Pose Verdes, indicou que a postura do seu grupo non cambiou e se o alcalde non dimite considera que se debe presentar unha moción de censura.
Moción de censura en Ponteceso e “despois o xulgado xa dirá”
“A solución pasa por presentar unha moción de censura” declarou Pose, convidando aos cinco concelleiros discrepantes a “mover ficha” e ofrecendo o seu apoio:”Teñen os votos fixos se a presentan eles. Estou totalmente convencido de que é a única opción se non dimite. E despois o xulgado xa dirá. Hai formas de presentar algo e que sexa o xulgado o que decida”.
Outra cousa distinta é que a presentara o Partido Popular. Din que non é por nada especial:”É que non somos moito de dereitas” manifestou Pose, aclarando que se entraran no goberno querían a alcaldía pero tamén estarían dispostos a consensuar co novo goberno desde a oposición.
Entrevista a Pose Verdes- Desde minuto 30
Carballido “o que quere é estar de vítima”
Desde APIN critican a xestión de Carballido no tema do POS:”Ata o ultimo día do prazo o sr Lois non moveu ficha.Presentou un POS sen falar con ninguén da oposición. O que quere é estar de vítima”.
Os independentes falan dun mal goberno:”É un desastre de goberno. Perdeu moitos máis cartos en subvencións do que é o POS”. José Manuel Pose Verdes volveu a recalcar o egocentrismo e o personalismo de Carballido e dixo.”Non queremos que nos asoballe”.