10.9 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Critica a irresponsabilidade da oposición de Ponteceso pero recoñece que “non se pode seguir gobernando con tres concelleiros”

O coordinador comarcal do Partido Socialista, José Antonio Viña, pensa que “non aprobar o POS é unha irresponsabilidade tremenda” e non entende como se “pode votar en contra sen facer unha proposta alternativa” . 

Pensa que a “responsabilidade debe pesar máis que calquera estratexia política” e que resulta “moi complicado xustificar un voto en contra” a un Plan de Obras.”Votar en contra carece de sentido, salvo que se busque a cabeza do alcalde” opina.

“Esta situación é imposible de manter ata o final”

Viña Patiño reiterou que o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido “ten o apoio do partido” pero non pechou os ollos ante o evidente:”Non se pode seguir gobernando con tres concelleiros. Esta situación é imposible de manter ata o final”.

Desde o seu punto de vista “habería que tentar recompoñer a situación”. Percibe que hai “unha serie de personalismos” e que estamos diante “dunha situación que hai que reconducir”.Cecais sexa demasiado optimista Viña:”Espero que non estean completamente rotos os fíos aínda que deteriorados sí que están”.

Escoita a entrevista de Viña en Radio Xallas- Desde o minuto 59

“A moción de censura é imposible”

Para o dirixente socialista o papel de Carballido non é dodado:”É moi complicado facer de alcalde nos ratos libres  despois da proposta inasumible de baixada de soldo”.

Aínda que aposta polo diálogo, José Antonio Viña deixou claro tamén que “a moción de censura é imposible” e que “ao perder a confianza do alcalde”, os concelleiros que foron na lista do PSOE (agora non adscritos) “ao mellor o que debería de facer é marchar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos