Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

O PSOE de Vimianzo responde:”Manuel Antelo minte, foi él mesmo o que interpuxo a demanda”

 O PSOE de Vimianzo responde:”Manuel Antelo minte,  foi él mesmo o que interpuxo a demanda”

Costa da Morte | Publicada: 12/03/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 3 minutos e 35 segundos.

A mensaxe aclaratoria difundida nas redes sociais por parte de Adiante Vimianzo, desvinculando ao seu portavoz da presentación dunha denuncia contra Mónica Rodríguez non tardou en ter resposta por parte do Partido Socialista e con dous pantallazos onde Manuel Antelo figura como denunciante.

Esta é a nota íntegra remitada polo PSOE de Vimianzo

Manuel Antelo, voceiro do partido da oposición Adiante Vimianzo, volve protagonizar novamente un episodio do máis baixo da clase política, ao querer desvirtuar o traballo que tanto a alcaldesa como o seu equipo de goberno levan a facer desde 2019 cando entraron no goberno.Unha vez máis, Antelo minte, xa que non foi a Fiscalía a que denunciou directamente a Mónica Rodríguez, foi él mesmo o que interpuxo a demanda por “presunto delito de prevaricación administrativa”.

Algo que, por outra banda, non nos resulta estrano na agrupación socialista de Vimianzo, acostumadas e acostumados a este tipo de manobras na sombra para tratar de desprestixiar, desequilibrar e deslexitimar un goberno e as súas accións.

Desde os inicios, nós avogamos por unha maneira de facer política moi alonxada do que estábamos acostumados a presenciar, semanalmente, na nosa Administración. Pero sempre desde o respecto, eso que nós aunamos tanto daquel lado como deste, e que cremos que por riba de todo, ten que ser o valor determinante.

Máis hai situacións e circunstancias que non podemos deixar pasar por alto. Contar cunha parte da oposición na corporación que ten as miras máis postas en destruír que en aportar solucións para o noso municipio cremos que xa fala por si mesmo. 

Estamos a atravesar unha das situacións máis complexas dos derradeiros 100 anos, e parece que interesan máis as facturas da contratación do alumeado de Nadal de fai dous anos que traballar, aportar e arrimar o hombreiro en favor da nosa veciñanza.

Ese é o camiño que nós decidimos emprender desde o pasado 2019, o camiño da ilusión, do traballoe da esperanza por construír un Vimianzo mellor. Lamentamos ter que sortear tantos obstáculos, máis deste calado, pero por fortuna somos un equipo que está unido nas boas, pero sobre todo nas malas. 

Pódeche interesar...

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Domingo 18 de abril.Dos de los ayuntamientos de la Costa da Morte superan los 9 casos "nuevos" en los últimos 14 días.…

Ler máis
Purines en la administración

Purines en la administración

Manuel Fuentes Lamas- Hay un clamor social a la hora de apoyar a las personas que deciden vivir y consecuentemente tr…

Ler máis
Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

-O peirao de Malpica acolleu esta tarde de sábado unha concentración en defensa da pesca deportiva O balance dos o…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Concentración en Malpica 17 de abril

Concentración en Malpica 17 de abril

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Opinión

Un secreto ecológico

Álvaro Rodríguez

Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Mar…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A mesma manobra

Álvaro Rodríguez

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433  millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos ú…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Grazas Paulino Castiñeira Castro

Xosé Manuel Lema Mouzo

A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información