10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Jesús Villar Antelo: “A nosa principal demanda é poder contar cun local”

– Xosé Manuel Lema-

Máis de dúas décadas leva AFABER coa súa meritoria labor. O seu presidente, Jesús Villar Antelo, é todo un símbolo de compromiso social na comarca de Bergantiños.Segue sendo a principal reivindicación do colectivo poder ter un local. “Non podo estar todos os anos pedindo un local. Parece que estamos mendigando” lamenta Villar.

«O alzheimer era unha enfermidade tabú»

Pensa que é “unha prioridade” porque estamos falando de persoas con doenzas “un servizo esencial para os enfermos”. Agora a esperanza radica en que o concello de Carballo derrúbe as vivendas dos mestres e habilite unhas dependencias.

Con respecto ao Alzheimer, o presidente de AFABER lembra como fai dúas décadas era “unha enfermidade tabú”, con pouca información:”A xente pensaba que chocheaban porque eran maiores. Ata a palabra da enfermidade, alzheimer, era custosa para a xente”.Pero co esforzo das familias pioneiras “a xente empezou a querer saber como podían axudar aos seus familiares”.

Entrevista a Jesús Villar en Radio Xallas desde o minuto 80

A pandemia, un problema engadido

E así foi avanzando AFABER. Ata converterse nunha entidade respectada. Villar Antelo comenta que o coronavirs tamén afectou:”Isto acelerou o proceso de avellentamento. As persoas con alzheimer necesitan interacción social. Nunca perden a sensación de cariño. Aínda que non te coñezan”.

E AFABER segue sendo esa man amiga:”Os enfermos son o obxectivo pero despois está a familiar.O coidador ten que vivir , senón en vez dun enfermo imos ter dous ou tres en cada casa”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos