14.7 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

García Cotelo:“Se volve co mesmo POS, tocará a mesma resposta”

“Se volve co mesmo POS, tocará a mesma resposta. Non pode levar a súa idea a cabo se está en minoría”. Así de contundente amosouse Daniel García Cotelo no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

Incluso Cotelo ofreceuse a negociar sobre Plan de Obras de Carballido con modificacións con respecto ao gasto. Pero hai unha condición:”O señor Lois ten que apartarse a un lado”.

Entrevista a Daniel García Na Encrucillada- Minuto 30

Explican os populares que o problema non só é o POS 2021, “serán os orzamentos e os próximos Plans de obras. Ponteceso está perdendo subvencións. Temos problemas nas obras. O PSOE e o goberno de Ponteceso está desguazado. A situación é insostible”. Tanto PP como non adscritos solicitaron unha xuntanza co Presidente da Deputación.

Críticas a González Formoso

Pola súa banda, o viceportavoz do PP na Deputación, Evaristo Ben Otero, mostrouse dispostos a colaborar para encontrar unha solución “legal” e con “seguridade xurídica suficiente”, para que non se perdan os fondos provinciais.

Critican a “soberbia” do alcalde de Ponteceso:”É o señor García Carballido o que, estando á fronte dun goberno minoritario, e en minoría tamén dentro dun grupo municipal dinamitado polas guerras internas, ten a desvergoña de presentar a súa proposta paa o POS  aúltima hora e sen acordar co resto dos grupos”.

Evaristo Ben tamén tivo mensaxe para González Formoso:“É o presidente dos grandes anuncios. O presidente das boas palabras, dos bos xestos, pero tamén dos nulos acordos e moito menos dos feitos concretos”,

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos