7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Iago Toba anuncia que o proxecto da auga de Suxo iniciarase este ano

Iago Toba: “É unha demanda histórica dos veciños de Suxo, Agranzón ou Castelo, que verán comezada este mesmo ano»

O goberno local de Muxía proporá no vindeiro Pleno, que se celebrará o 18 de marzo, unha modificación orzamentaria para proceder á execución do proxecto de auga de Suxo. Reforzarase o abastecemento de varias zonas do municipio, así como do núcleo urbano, nun planeamento que conta cun orzamento total de 950.000 euros.

Trátase dunha das obras “máis importantes desde hai varias lexislaturas” e para a que xa están comprometidas “todas as fontes de financiamento, a falta da municipal”, achega o alcalde, Iago Toba. 

Anuncio feito na parroquia de Suxo

É por isto que se precisa aprobar na próxima sesión esta proposta do goberno local, para así cumplir cunha demanda histórica para Muxía. O rexedor anunciou esta mañá en rolda de prensa, xunto aos edís Javier Romar e Olalla Benlloch na propia parroquia protagonista, como será este proxecto e o que suporá para Suxo e toda a veciñanza deste lugar. 

“Logo de varios meses traballando para facer realidade un dos proxectos máis importantes na historia recente de Muxía, podemos anunciar que, si todo segue os cauces administrativos pertinentes, Suxo contará cun ben de primeira necesidade como é a auga”, sinalou. 

O executivo local continúa apostando polo “traballo por e para a veciñanza, cumprindo así unha das grandes promesas efectuadas antes de chegar ao goberno, xunto coa estrada de Lago a Leis”, destacan. “É unha demanda histórica dos veciños de Suxo, Agranzón ou Castelo, que verán comezada este mesmo ano”, sinala o alcalde, Iago Toba. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos