Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

“O parque eólico de Monte Chan suporía un golpe durísimo aos Penedos de Pasarela e Traba”

 “O parque eólico de Monte Chan suporía un golpe durísimo aos Penedos de Pasarela e Traba”

Costa da Morte | Publicada: 02/03/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 2 minutos e 47 segundos.

O deputado autonómico do BNG, Daniel Pérez López, reiterou no programa radiofónico “Na Encrucillada”(Radio Xallas) a súa oposición ao proxecto eólico de Monte Chan que significaría “unha ferida no corazón dos Penedos de Pasarela e de Traba”, que teñen “un increíble potencial”.

Entrevista a Daniel Pérez- A partir do minuto 76

Para o deputado carballés “a implantación do parque éolico de Monte Chan suporía un golpe durísimo e a desaparición dunha paraxe incomparable”.Xunto cos deputados Mercedes Queixas e Luís Bará, visitou fai uns días a zona acompañado tamén por dirixentes do BNG de Vimianzo, Laxe, e Camariñas, de Adiante Vimianzo, da Semescom e da plataforma SOS Penedos.

Non obviu que sendo importante este proxecto, o debate vai máis alá “pola proliferación descontrolada deste tipo de parques, obedecendo a criterios economicistas”. Avanzou que o BNG vai “plantexar cantas iniciativas sexan necesarias” para defender os intereses veciñais.

Lei Galega de Saúde e axudas a hostalería

Daniel Pérez tamén criticou a Lei Galega de Saúde que serve para “restrinxir dereitos fundamentais”, e que despois de ser “tramitada sen diálogo” para os nacionalistas “non vai mellorar o sistema sanitario público nin a saúde das galegas e dos galegos”.

Referiuse ademais as protestas en Bergantiños e na Costa da Morte do sector da hostalería e aínda que considera que é “imprescindible” adoptar medidas estas “deben de vir acompañadas de axudas tan pronto se publican no DOGA as restriccións”.

Pódeche interesar...

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 18 de abril

Domingo 18 de abril.Dos de los ayuntamientos de la Costa da Morte superan los 9 casos "nuevos" en los últimos 14 días.…

Ler máis
Purines en la administración

Purines en la administración

Manuel Fuentes Lamas- Hay un clamor social a la hora de apoyar a las personas que deciden vivir y consecuentemente tr…

Ler máis
Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

Malpica acolleu unha concentración en defensa da pesca deportiva

-O peirao de Malpica acolleu esta tarde de sábado unha concentración en defensa da pesca deportiva O balance dos o…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello de Dumbría
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

Concentración en Malpica 17 de abril

Concentración en Malpica 17 de abril

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

Unha casete de Los Gemelos y su Orquesta

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

A moción de censura é a única opción posible en Ponteceso

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Piden que Fiscalía actúe.Andamos blanqueando diñeiro por Ponteceso adiante?

Opinión

Un secreto ecológico

Álvaro Rodríguez

Los demás gobiernos hacen lo contrario de lo que se obliga a hacer en España. Pondremos dos ejemplos: La gran potencia Alemania y el emergente Mar…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

A mesma manobra

Álvaro Rodríguez

A prensa escrita informou que ABANCA gañou no 2020 433  millóns, dos cales 273 dedicounos a reservas. «As cinco integracións realizadas nos ú…

Álvaro Rodríguez
Ler máis

Grazas Paulino Castiñeira Castro

Xosé Manuel Lema Mouzo

A Paulino Castiñeira Castro contacteino fai anos para unhas crónicas que estaba facendo para a Agencia EFE, sobre unha das iniciativas da Sociedade …

Xosé Manuel Lema Mouzo
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información