9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Veciños de Grixoa reclaman polo estado “lamentable” e “desolador” dunha pista arranxada fai uns meses

A asociación de veciños San Xoán de Grixoa presentou unha reclamación diante do concello de Santa Comba polas deficiencias atopadas nunha pista asfaltada en setembro de 2020 na parroquia con cargo ao POS+ adicional 2019.

Desde a entidade explican que esta pista está recén estreada “e xa presenta un estado lamentable debido a como foron executadas as obras” cunha “gran cantidade de zahorra por encima da pista, os tubos son de tan pequeño diámetro que non evacúan a suficiente auga, desfanse os bordes da mesma. A auga corre por encima dela, etc..”

Critican o “estado desolador” desta vía de comunicación, e pídenlle ao concello que dea traslado das deficiencias á empresa que realizou as obras “e que lle esixa a inmediata reparación” desta pista.

Solicitan ao goberno local xalleiro que pida responsabilidades á empresa adxudicataria das obras e que manteña informada a asociación por este reclamación presentada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos