4.9 C
Santa Comba
viernes, diciembre 20, 2024

A subdelegada do Goberno visitou Vimianzo para tratar sobre os desperfectos da borrasca Karim

A subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, mantivo un encontro en Vimianzo coas alcaldesas e alcaldes de Muxía, Camariñas, Cee, Dumbría e Ponteceso (este último de xeito telemático). O obxecto foi falar sobre os danos da borrasca Karim.

Na xuntanza, a responsable de Protección Civil en Galicia, María Dolores Gómez, explicou o procedemento técnico a seguir para poder subsanar os danos, así como explicarlles a normativa e que danos poden ser obxecto de protección económica. Segundo esta información o prazo para presentar as solicitudes de axuda é dun mes desde o día seguinte ao de finalización do feito causante da situación de emerxencia. As subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou natureza catastrófica, establecido no Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo, van dirixidas a unidades familiares, corporacións locais, comunidades de propietarios ou titulares de establecementos mercantís, industriais ou de servizos. Pódese obter máis información en www.proteccioncivil.es, no apartado “Axudas e subvencións”.

«Estudaremos as posibles solucións»

Pola súa banda, López Rioboo sinalou que  “estudaremos as posibles solucións para paliar os efectos da borrasca Karim e que causou danos en espazos tanto públicos como privados.”

A alcaldesa de Vimianzo quixo agradecer a vontade “tanto de Subdelegación como da subdelegada do Goberno, que hoxe nos acompaña aquí, e tamén a María Dolores, como directora de Protección Civil, para coñecer en primeira instancia os danos provocados pola borrasca Karim. Somos concellos con danos importantes e precisamos axudas, así como coñecer a cales nos podemos acoller porque os danos nas vías municipais e nos edificios públicos son considerables.”

A rexedora destacou a importancia “do mantemento diario tanto en cunetas, sumidoiros e demais espazos, xa que estas actuacións que se levan a cabo durante todo o ano minimizaron o impacto do temporal, e aínda así os danos son cuantiosos en moitos lugares de Vimianzo”, destacou. 

A subdelegada visitou o cuartal da Garda Civil de Vimianzo, o paseo fluvial e a zona dos Penedos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos