O Partido Socialista de Vimianzo manifesta que “a nefasta xestión de Manuel Antelo á fronte do Concello de Vimianzo cústalle á veciñanza 40.000 euros por un despido improcedente”.
Nun comunicado de prensa, os socialistas explican que na súa etapa como alcalde, Manuel Antelo Pazos decidiu “ “sen xustificación obxectiva e razoable” prescindir dos servizos da normalizadora lingüística.
Un despido improcedente que custa 40.815 euros
Unha sentenza xudicial obriga ao abono de 40.815 á traballadora que foi despedida improcedentemente. Desde o PSOE lamentan que os veciños de Vimianzo teñan que pagar “os pratos todos” da xestión de Antelo.
No último pleno aprobouse unha modificación de crédito para, entre outros capítulos, “aboarlle 40.815 euros á traballadora, que leva sin emprestar este servizo desde o 2016, pero que continuou cobrando por elo”.
O PSOE afirma que isto «non pode quedar no esquecemento»
Os socialistas aclaran as partidas:”O desglose de dito gasto correspóndese aos salarios de tramitación, isto é: 10.357,28 euros no 2019; 10.357,28 euros no 2020 e a indemnización do despido, que ascende a 7.600 euros. Ademais, será necesario aboar a contía correspondente á Seguridade Social, que son 12.500 euros”.
Afirman que “non pode quedar no esquecemento este modo de xestionar os recursos públicos, e calificamos como feito moi grave facer e desfacer ao antollo de quen goberna postos de carácter público, e tal e como di a sentenza,existindo vulneración do artigo 24 da Constitución”.