8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Gonzalo Trenor visita unha explotación leiteira en Santa Comba e destaca a importancia das axudas da PAC

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor visitou a Gandeiría Domínguez Porteiro no concello de Santa Comba, unha das explotacións beneficiadas polas axudas da PAC.

A visita era precisamente para poñer en valor estas axudas:“Para as zonas rurais, estas axudas son as máis importantes tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido, e son básicas na aposta da Xunta por fomentar a competitividade da agricultura galega, para que o rural sexa sinónimo de emprendemento e xuventude e non de estancamento”.

Axudas da PAC na comarca e na provincia

A Xunta xa convocou a nova orde deste ano 2021, e que se eleva  aos 205 millóns de euros, dos cales 170 millóns correspóndense cos pagamentos directos da PAC e 35 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural.

Trenor explicou que na área de Santiago as axudas da PAC -orde que inclúe tanto os pagos directos á agricultura e á gandeiría como as axudas ligadas ao desenvolvemento rural, chegaron- en 2020, a máis de 3.900 agricultores e gandeiros, cun investimento de arredor de 26,7 millóns de euros. A nivel provincial, 8.355 agricultores e gandeiros da Coruña percibiron máis de 53 millóns de euros desta orde con dúas liñas de axudas.

Na visita tamén estiveron presentes a xefa territorial de Medio Rural, Mónica López e a portavoz do Partido Popular de Santa Comba, María Pose.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos