Este vindeiro luns comeza unha nova tempada de “Galicia Bonita” na TVG, na que destaca a arquitecta xalleira, Rosa Facal Varela, que afronta a terceira etapa “dunha experiencia moi intensa e moi positiva” que xa ten fieis espectadores:” O programa ten interese e penso que está gustando. Á xente gústalle as obras, ver o antes e o despois”.
Entrevista en Radio Xallas- Minuto 46
Primeiro programa en Fisterra
A primeira emisión de “Galicia Bonita” arranca en Sardiñeiro, no concello de Fisterra.Xa saben, o luns 1 de marzo ás 22:30, na TVG, despois do “Malicia Noticias”. Para Rosa Facal estrearse na Costa da Morte ten o seu alicente.
Avisa que é unha boa ocasión para coller “ideas de como arranxar un xardín cheo de cochos e de cousas que non valen para nada”. A arquitecta de Santa Comba xa pasou a proba de lume (bromea) e xa non ten presión:”Despois de ir o Land Rober xa me curaron os nervios para o resto da vida”.
Unha nova tempada moi divertida
Qué podemos agardar da nova tempada de Galicia Bonita?. Pois responde Rosa:” Vai ser unha tempada moi divertida, con obras máis grandes nas casas, cuns donos que participan máis. Desde a muller desconfiada que desconfía que lle imos a cobrar ata uns retornados de Suíza..”
Pasan os programas, continúa o éxito de “Galicia Bonita”. Máis Rosa Facal nunca esquecerá un episodio concreto”“O máis especial foi o de Fina de Santa Comba, foi o de maior audiencia e o mellor”.