9.6 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Alberto Romar:”Trátase de facer cousas polo noso pobo”

O presidente da asociación de empresarios de Santa Comba, Alberto Romar, incidiu en que o obxectivo fundamental é “facer cousas polo noso pobo”. Síntese “moi arroupado” e estupendamente acompañado “por unha boa directiva, podo dicir que estou rodeado dos nove mellores”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, destacou o incremento de socios nos últimos meses, con 45 altas e 4 baixas, e a vontade de desenvolver proxectos de certa relevancia como un plan de embelecemento da capital municipal co pintado de muros e un calendario de actividades para os sábados, cando sexa posible.

Escoita a entrevista a Alberto Romar (Desde minuto 31)

«O proxecto da segunda fase da estrada non aparece por ningún lado»

Alberto Romar referiuse a un dos asuntos que considera preferentes, o da estrada de Santa Comba a Portomouro. Lembrou que “levamos con esta estrada uns 20 anos” e que “a asociación de empresarios foi a que máis loitou por este estrada”. 

Aínda que valorou a cordialidade da Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e do delegado territorial, Gonzalo Trenor, na xuntanza que mantivo sinalou que “non foron claros conmigo” xa que “o proxecto da segunda fase non aparece por ningún lado”.Agarda que dentro duns meses haxa novidades.

Unión das forzas políticas de Santa Comba

Outro asunto é a ampliación do Polígono industrial:”Temos necesidade de solo”. Tamén falou doutra demanda, a da fibra óptica:”Non están cumprindo co que está establecido polo estado”. E non se esqueceu dunha queixa trasladada pola entidade patronal en relación aos numerosos micro-cortes eléctricos sufridos polos veciños.

Romar Landeira apelou á “unión” das distintas forzas políticas para remar nunha mesma dirección e asegurou que “a xente non está cómoda” coa situación.Ademais falouse das distintas campañas de promoción do comercio e dos convenios establecidos con empresas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos