9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Rafael Lema:”A Torre de Xallas era un elemento de forza para contrarrestar o poderío dos Altamira”

O investigador Rafael Lema referiuse este martes no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas ao fondo documental sobre o mosteiro de Seavia (Coristanco) que se conserva no arquivo do mosteiro de San Paio de Antealtares en Compostela, relacionados con “foros, apeos, constribucións e demarcacións”das parroquias de Freixeiro e San Salvador de Padreiro.

Lema Mouzo tamén falou sobre a Torre de Xallas localizada en Castriz:»Normalmente a  Torre de Xallas pertencía ao Arzobispado de Santiago pero estaba limítrofe cos territorios do Conde de Altamira e sempre había litixios».

Os Altamira tamén tiñan intereses en zonas como Arantón e polo tanto Santa Comba era unha “zona de lindes” entre ambas forzas vivas.»O Arcebispado de Santiago usaba a Torre de Xallas como elemento de forza para contrarrestar ao poder dos Altamira. O Castelo de Castriz dominaba o territorio xurisdiccional de Xallas que era amplo”.

Esta é unha produción de Adiante TV coas reflexións de Rafael Lema en Radio Xallas.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos