13.2 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

“Nos tempos que estamos, non é oportuno aprobar dúas adicacións parciais, que nos van a custar aos veciños de Zas uns 41.000 euros anuais”

O portavoz do Partido Popular de Zas, David Gómez Brandariz, participou no programa “Na Encrucillada”, onde se referiu os novos soldos políticos aprobados polo goberno local, ás taxas do Tanatorio e as obras previstas na contorna da ponte de Baio.

Máis de 83.000 euros anuais para soldos políticos

“Nos tempos que estamos, penso que non é oportuno aprobar dúas adicacións parciais, que nos van a custar aos veciños de Zas uns 41.000 euros anuais. Penso que non é o momento e sobra moito onde gastar estes cartos” declarou Gómez Brandariz.

Lembrou que xa existe o soldo do alcalde, Manuel Muíño, que percibe 42.000 euros brutos anuais e polo tanto “tres adicacións son demasiadas para a carga de traballo que ten este concello de menos de 5.000 habitantes”.

Escoita a entrevista con David Gómez – minuto 61

Tanatorio municipal

Sobre esta actuación David Gómez indica que ten “un dos prezos máis altos da zona” e “non acabamos de entender como o proxecto máis grande do alcalde é Tanatorio municipal, onde se gastaron máis de 500.000 euros e ao final os veciños non teñen ningún beneficio máis co seu uso, que non terían se o montara unha empresa privada”.

Sen Orzamentos

Outra queixa dos populares é a falta de orzamentos:”Non tivemos orzamentos no 2020 e no 2021 non ten moita pinta de que se aproben. Iso, cun goberno que ten maioría absoluta é indicativo de que se está traballando pouco.Están facendo pouco. Temos tres dedicacións pero non aprobamos os orzamentos”

Ponte de Baio

David Gómez cualificou de “noticia boísima” o avance da licitación da mellora na ponte de Baio:”É unha obra necesaria e moi demandada polos veciños de toda a contorna”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos