11.6 C
Santa Comba
martes, abril 2, 2024

“A hostalería debería abrir.Nunca foi a culpable, pero hai que poñer un cabeza de turco”

A Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte prepara unha concentración para o vindeiro domingo en Carballo(17h) que virá precedida dunha protesta en coches pola Costa da Morte.

“Un grupo de empresarios que estábamos conectados, decidimos unificar o sector turístico para protestar polas axudas e polo abandono das administracións”, sinala Jesús Lema, un dos portavoces da entidade, para explicar a creación da plataforma.

«Ventanilla única»

Lamentan que non haxa “un plan de rescate real” e teñan que conformarse coas “limosnas” dos plans da Xunta aos que tanto pode acceder “unha carpintería metálica como un restaurante”.

Tamén critican que as axudas da Deputación “chegarán tarde”, e que non houbera un acordo “para unha ventanilla única”. 

Para Jesús Lema “é triste que nunha situación de pandemia, non se poñan de acordo por cuestións políticas”. Opina que a hostalería debería estar aberta:”A hostalería nunca foi culpable. Fixo un esforzo moi grande adecuando espazos, con medidas de seguridade. Pero hai que poñer un cabeza de turco. Deberiase abrir, mantendo as normas, como fixemos sempre. É un sitio seguro”.

Entrevista «Na Encrucillada»

Desde a  Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte tamén amosaron a súa oposición ao proxecto eólico de Monte Chan.”A paisaxe é o noso valor. Imos estar contra todos os atentados que se pretenden facer contra a natureza”.

Jesús Lema foi entrevistado no programa “Na Encrucillada”, que presenta Xosé Manuel Lema en Radio Xallas. Escoita, neste audio, a partir do minuto 31.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos