Os membros do GES de Muros excarceraron á persoa do interior do vehículo. Ao fío das 11:30 horas desta mañá, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun coche que dera varias voltas de campá no lugar de Vilar, na AC550, en San Mamede de Carnota. Aseguraba que o condutor presentaba dificultades para saír do interior do turismo
Con estes datos, os xestores do 112 deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e aos axentes de Tráfico. Tamén foron informados os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.Tras chegar ao punto, os membros do GES liberaron á persoa, que foi trasladada en ambulancia polo persoal sanitario.
Info-AXEGA 112
FOTO- GES MUROS