Noticia en Actualización
20:20
O Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA desprazouse a Ponteceso para achicar auga debido ao desbordamento do río Anllóns.O Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da AXEGA desprazouse este mediodía ata Ponteceso cunha bomba de achique de gran caudal e un semiremolque con 16 bombas de achique para aliviar a auga acumulada en numerosas vivendas e outros inmobles anegados a causa do desbordamento do río Anllóns.
Ademais do río Anllóns ao seu paso por Ponteceso, os sistemas de control e observación indican que os ríos Miñor en Gondomar e o Lérez en Pontevedra tamén superaron os limiares establecidos.
14:30-
SUSCRÍBETE Á NOSA CANLE DE YOUTUBE E NON TE PERDAS NADA – ACCEDE AQUI
14:00
Desde o 112 Galicia informan que levan xestionadas 134 incidencias na provincia da Coruña.
Indican que «En ningún caso houbo que lamentar danos persoais, aínda así, no 112 Galicia constan as chamadas de varios particulares que informaban de distintos puntos anegados en estradas secundarias e rúas por mor das choivas, ao seu paso por Muxía, Ponteceso, Zas, Vimianzo, Coristanco e Dumbría entre outros».
Así mesmo, o 112 Galicia tamén tivo constancia de que a chuvia caída anegaba o inmoble do Punto de Atención Continuada de Vimianzo, segundo indicaban os sanitarios que daban conta do incidente, a auga dificultaba a entrada nas consultas do edificio.
AREA DA VILA- CAMARIÑAS- IMAXES CEDIDAS
13:25
13:15 En Vimianzo refachos de 157 km/h e zonas inundadas
13,00- Información desde Protección Civil de Santa Comba- E Imaxes