10.8 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

O PP de Zas critica que o concello aprobe dous soldos políticos en plena pandemia

O portavoz do Partido Popular no concello de Zas, David Gómez, criticou a creación de “dúas novas dedicacións parciais”, por importe de 25.122 e 16.755 euros, que foron aprobadas nun pleno extraordinario este venres e “nun momento económico e sanitario extremadamente complicado por culpa dos efectos da pandemia provocada polo Covid-19”.

Gómez Brandariz afirmou:“Ocórrensenos infinidade de axudas para autónomos, empresas e hostaleiros que se poderían pagar con estes máis de 41.000 euros que o rexedor destinará para pagar o seu equipo de goberno”.

O portavoz popular lembrou que o alcalde percibe máis de 42.000 euros e que desde o mes de maio –tras a renuncia do tenente alcalde á súa dedicación exclusiva-, o executivo municipal funcionou sen a necesidade de aprobar ningún tipo de nova asignación económica.

«Unha decisión pouco oportuna»

“Si chegamos ata aquí sen ter que botar man deste gasto, non entendemos os motivos que provocan agora, nun momento de emerxencia económica e sanitaria, esta decisión” comentou Gómez.

Pensa que a decisión é ademais “pouco oportuna” xa que “é o momento de arrimar o ombreiro entre todos, de buscar solucións aos problemas da xente e de destinar todos os recursos dispoñibles a financiar plans de axuda”. 

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos