Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

David Barbeira anuncia que tentará consensuar uns orzamentos sociais e non revela se facilitará unha remuda na alcaldía

David Barbeira anuncia que tentará consensuar uns orzamentos sociais e non revela se facilitará unha remuda na alcaldía

Costa da Morte | Publicada: 18/02/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 5 minutos e 31 segundos.

A entrevista do alcalde, David Barbeira, en Radio Xallas resultou moi completa pola variedade de preguntas, formuladas na súa maioría pola audiencia, e que se referiron a varios asuntos da política local.

En primeiro lugar sobre a propia situación política xalleira. Haberá susbtitución na alcaldía?

- Qué lle pregunten ao Sr. Ucha se está diposto a apoiar  sequera estes catro ou cinco  meses que quedan.

Tamén se lle plantexou se había algún pacto co Partido Popular. Negativo.”Non hai ningún acordo político co Partido Popular a día de hoxe”.  E falou sobre as sensacións que ten:

”Non estou contento. Cando non dispoñes de apoios, costa moito conseguir as cousas. Da pena non poder facer máis por non ter apoios. Ogallá máis para adiante estea máis contento” afirmou Barbeira, que de todos os xeitos asegurou que traballa con toda a intensidade e “petando en todas as portas”.

Entrevista a David Barbeira desde o minuto 61

Orzamentos sociais para Santa Comba

Desvelou que está traballando nunha proposta de orzamentos que tratará de consensuar cos demais grupos. Avanzou que serán unhas contas “sociais” e orientadas a axudar ao pequeno comercio e a reforzar a atención social.Algo que sinala no que están concentrando os esforzos e os fondos do concello. 

Servizo de Atención Temperá 

Citou que  a posta en funcionamento, este mes, do comedor sobre rodas durante as fins de semana, ou as melloras do Servizo de Atención Temperá. 

Un servizo co que o mandatario está “moi contento”. Agora estudian que Negreira e Val do Dubra poidan unirse ao concello da Baña e ao de Santa Comba.

Tamén se amosou moi satisfeito co funcionamento do Punto de Información sobre a Seguridade Social, aínda que explica que seguirá demandando que Santa Comba conte cunha oficina comarcal.”A xente  valórao moitísimo e está moi contenta”.

Sobre a estrada de Santa Comba- Portomouro

E era previsible falar da estrada Santa Comba- Portomouro despois da xuntanza coa conselleira Ethel Vázquez  e das queixas trasladadas por Barbeira nun comunicado de prensa.

Nesta entrevista reiterou a súa preocupación:”A miña sensación é que non hai proxecto.Non nós gustaría esperar outros dez anos para o segundo tramo”. E sen descartar protestas:”Non podes descartar que haxa algún tipo de manifestación. Son  moitos anos que nos están enganando e  que nos están mentindo”.

Proxecto da estrada de San Salvador

Na visita de Barbeira a Radio Xallas falouse de distintos asuntos. O alcalde explicou que están agardando polos informes de Augas de Galicia “que están tardando bastante” para iniciar as expropiacións para acometer nunha parte da estrada de San Salvador, xa que a outra xa se incluiu no POS 2021.

Lamentou que “se queira confundir a xente”, sobre o treito que se vai a acometer e matizou que se o importe é superior o do proxecto anterior e sinxelamente por que “o treito das obras e máis longo”.

Sobre o proceso de contratación de operarias da limpeza que provocou críticas afirmou:”Non dubido da honorabilidade do tribunal”.Houbo alusións as obras do campo de fútbol de Fontenla e a outros temas como se pode percibir no audio que acompaña este artigo.

Pódeche interesar...

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 9 de mayo

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 9 de mayo

Viernes 7 de mayo .En Camariñas, Muxía, y Corcubión llevan catorce días sin ningún nuevo caso.  En esta situación…

Ler máis
Especial Víctimas del terrorismo de Galicia I

Especial Víctimas del terrorismo de Galicia I

A lo largo de los últimos meses nuestro director Xosé Manuel Lema ha ido recopilando historias de víctimas  gallegas…

Ler máis
Acordo para aprobar o POS en Muxía

Acordo para aprobar o POS en Muxía

PSOE, PP e BNG chegaron a un acordo para aprobar o POS Publicamos a nota de prensa remitida desde o concello de Muxí…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
DIA LETRAS GALLEGAS 2021
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

El primer Coracopsis Vasa nacido en Galicia

El primer Coracopsis Vasa nacido en Galicia

Versos de Frida Kahlo en Radio Xallas

Versos de Frida Kahlo en Radio Xallas

Ha nacido el primer ejemplar de coracopsis vasa en Galicia

Ha nacido el primer ejemplar de coracopsis vasa en Galicia

La Guardia Civil aprehendió dos colmillos de elefante en Cambre

La Guardia Civil aprehendió dos colmillos de elefante en Cambre

Opinión

Carta aberta a Iago Toba: ¿De verdade quere unha moción de censura?

Sandra Vilela

¿De verdade quere unha moción de censura? Calquera alcalde que se honre de chamarse así trataría de evitar ese termo como se fose o peor dos pe…

Sandra Vilela
Ler máis

La Guardia Civil, nuestra policía

Manuel Fuentes Lamas

En el siglo XIX, un 13 de mayo de 1844, a la postre día de Nuestra Señora de Fátima, se firma el Real Decreto de fundación de un Cuerpo de segurid…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Los cereales de cada día

Manuel Fuentes Lamas

Golpe tras golpe, una y otra vez machaconamente asistimos estupefactos a lo que parece ser un intento continuo de derribar nuestra economía rural.Bur…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información