9.7 C
Santa Comba
jueves, enero 23, 2025

O PP alerta de que as obras do parque éolico de Corme poderían estar causando o problema da auga

– As obras do parque eólico, á altura do lugar coñecido como “Fontenla”, por onde baixa un regato que abastece o “depósito de Cuíña”, que a súa vez nutre de auga a parte de Corme, están causando o problema- As reflexións proceden do Partido Popular de Ponteceso e refírense as obras de repotenciación do parque eólico de Corme.

“Dado que Lois García Carballido está asuente, decidimos investigar nós o asunto, e parece que as obras de repontenciación do Parque Eólico de Corme son as culpables desta nova defeita na auga de Corme.” indican os populares que consideran que “ a solución é vaciar o depósito de Cuiña e rellenalo de novo con auga da traída provinte do Río Anllóns”.

A formación que lidera Daniel García Cotelo acusa ao mandatario por “deixadez de funcións” cunha actuación que se reduce a “un vídeo surrealista do Alcalde facendo que bebe auga na Oficina Municipal”. E  sinalan que “non é casualidade que Espina y Delfín cambiara a orixe da auga para Corme, nestes intres estase a bombear dende o Río Anllóns”.

Ademais desde o PP lanzan varias preguntas:

 ¿Quen controla as obras do parque eólico? Vemos que ninguén, xa que estas obras van enriba dos regatos que abastecen ao pobo de Corme e ninguén di nada nin se está auditar o que se está a facer cun silencio cómplice dende o Concello. 

¿Cal vai ser a solución co depósito que agora se atopa pechado polo mal estado da auga?

¿Ten que seguir con medo a veciñanza de Corme ante calquera problema no suministro, despois do acontecido coa auga?

Pedimos que o Sr. Alcalde faga algo máis que de “show man” nas redes sociais e se poña a traballar. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos