A portavoz do Partido Popular, Sandra Vilela, censurou que o goberno local que preside, Iago Toba(PSOE) decidira contratar os seguros do concello a través dunha entidade bancaria, asestando “un duro golpe” aos autónomos do concello que están relacionados con este sector.”Non é a mellor maneira que pode ter unha administración para apoiar ao comercio local”. Os populares trasladaran esta decisión “aberrante” ao salón de plenos.
Iago Toba:»A miña moral impídeme malgastar uns cartos sagrados»
Non agardou o alcalde á sesión plenaria para responder. Iago Toba recurriu á eficiencia na xestión para xustificar este cambio. O que fixeron foi “negociar as condicións económicas de todos eles, aforrando, podendo contar que nun só seguro pasamos de pagar case 6000€ a pouco máis de 3000€”.
Toba afirma:”Sinto , si esto non é popular, ou levanto algun enfado. Pero sinceramente, a miña moral impídeme malgastar uns cartos sagrados que son de todos por medo a enfados ou chantaxes demagogas de algunhas para enfrentarme a algunhas corredurías ou xestorías. Eu sempre penso no común, non en beneficiar a uns poucos perxudicando a moitos”.
O mandatario indica que con este aforro poderanse afrontar gastos como o do traslado dos maiores para vacinarse. E pensa que o PP está “desesperado” en armar polémicas.
Iago Toba-Facebook
Aforro para ir comer peixe espada e solomillos?
Na mesma rede social Facebook, e na reflexión de Toba, Sandra Vilela retrucou, indicando que os seguros “sei que se poden renegociar co propio axente sen necesidade de quitarllos mediante unha carta sen darlle nin sequera a opción de facer outras ofertas”.
Tamén aclarou que “non ten absolutamente nada que ver o servicio que da un banco ó que da un axente local”. Sobre o aforro ao que alude o mandatario pregunta:Ese aforro que di que conseguio vaino usar para ir a comer peixe espada e solomillos como fixo xa nalgunha ocasión? .
Sandra Vilela-Facebook