7.1 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

A contratación dos seguros municipais enfronta a PSOE e PP en Muxía

A portavoz do Partido Popular, Sandra Vilela, censurou que o goberno local que preside, Iago Toba(PSOE) decidira contratar os seguros do concello a través dunha entidade bancaria, asestando “un duro golpe” aos autónomos do concello que están relacionados con este sector.”Non é a mellor maneira que pode ter unha administración para apoiar ao comercio local”. Os populares trasladaran esta decisión “aberrante” ao salón de plenos.

Iago Toba:»A miña moral impídeme malgastar uns cartos sagrados»

Non agardou o alcalde á sesión plenaria para responder. Iago Toba recurriu á eficiencia na xestión para xustificar este cambio. O que fixeron foi “negociar as condicións económicas de todos eles, aforrando,  podendo contar que nun só seguro pasamos de pagar case 6000€ a pouco máis de 3000€”.

Toba afirma:”Sinto , si esto non é popular, ou levanto algun enfado. Pero sinceramente, a miña moral impídeme malgastar uns cartos sagrados que son de todos por medo a enfados ou chantaxes demagogas de algunhas para enfrentarme a algunhas corredurías ou xestorías. Eu sempre penso no común, non en beneficiar a uns poucos perxudicando a moitos”.

O mandatario indica que con este aforro poderanse afrontar gastos como o do traslado dos maiores para vacinarse. E pensa que o PP está “desesperado” en armar polémicas.

Iago Toba-Facebook

Aforro para ir comer peixe espada e solomillos?

Na mesma rede social Facebook, e na reflexión de Toba, Sandra Vilela retrucou, indicando que os seguros “sei que se poden renegociar co propio axente sen necesidade de quitarllos mediante unha carta sen darlle nin sequera a opción de facer outras ofertas”.

Tamén aclarou que “non ten absolutamente nada que ver o servicio que da un banco ó que da un axente local”. Sobre o aforro ao que alude o mandatario pregunta:Ese aforro que di que conseguio vaino usar para ir a comer peixe espada e solomillos como fixo xa nalgunha ocasión? .

Sandra Vilela-Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos