13.6 C
Santa Comba
sábado, abril 20, 2024

Lembrando a José Méndez Méndez

– Xosé Manuel Lema –

Xa pasaron dous anos e parece que aínda foi onte cando preparabamos aquel programa de radio. E cando a unha voz crebada comunicoume a túa partida. Pero non che esquecín.Cúmprense dous anos da túa marcha, pero o teu nome segue na memoria de moitas persoas que che queremos e apreciamos. Teño poucos amigos, o que se di amigos. Ti sempre serás un deles.

Pasaron moitas cousas durante neste último ano. Menos mal que confío en que nos observarás desde o Ceo e estarás ao tanto dos malos tempos que corren por aquí.

E acórdome de  tí. E o teu exemplo sérveme de ánimo. De estímulo para afrontar a vida con enerxía e optimismo. Téñoche falado dalgunhas   desas pedras que atopamos no camiño. E ti sempre lle quitabas importancia, dabas ánimo e facíasme ver o vaso medio cheo. Que sempre había unha luz no fondo do túnel. E claro que a hai.

O que non teremos, será a oportunidade de vernos nesta vida. Pero teño a esperanza de que nalgún sitio verémonos e faremos ese programa que temos pendente. E seguiremos cultivando a nosa amizade sinceira e leal. Porque leal fuches comigo, e leal será sempre a defensa da túa memoria.

Aquí segues vivindo, no corazón da túa querida familia, e na deses amigos que deixaches. Un equipo ao que me sínto orgulloso de pertencer. Un abrazo, Méndez.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos