Adiante Última Hora
  • Cargando las noticias de última hora...Cargando las noticias de última hora...

Un poema de Manuel Durán no día mundial da radio

 Un poema de Manuel Durán no día mundial da radio

Costa da Morte | Publicada: 13/02/2021

Aumentar texto Disminuir texto Reiniciar texto

Tempo de lectura: 3 minutos e 22 segundos.

Neste día mundial da radio compartimos o vídeo  e o texto do poema que adicou Manuel Durán Gómez a Radio Xallas.

RADIO XALLAS

Radio Xallas, radio amiga,

De ti ben sempre hei falar.

Nunca esquecerei o día

Que me fixeches chorar.

Santa Comba é dichosa,

Podo dicir alto e forte:

Temos a mellor das radios

De toda a Costa da Morte.

Xosé Manuel Lema Mouzo

Sempre nos vai a informar

Das noticias que pasaron

E das que están a pasar.

Este periodista xalleiro,

Unha persoa apreciada,

Director de radio Xallas

No programa da Encrucillada.

Na frecuencia 107.5

Podémolo escoitar,

Noticias da nosa terra

E da xente do noso lar.

Esta radio de Galicia,

Sorte que os xalleiros temos,

Que a diario nos informa

Do que pasa e non vemos.

Historias de emigrantes,

Historias de mariñeiros,

Que podemos escoitar

Nesta radio dos xalleiros.

Da mina de Varilongo,

Do famoso ouro negro,

Sintoniza Radio Xallas

Que cho conta en galego.

Radio Xallas infórmanos

Da vida dos labradores,

Dos nosos montes e ríos,

Dos troiteiros e cazadores.

San Pedro de Santa Comba

Protexe a Radio Xallas

De inxurias mal contadas

Por malas linguas canallas.

Neste cruce de camiños

Preto da Costa da Morte

Un xalleiro de Ponte do Porto

Cambiou a miña sorte.

Un día quince de xullo

Por radio Xallas pasei,

O agasallo que me fixeron

Nunca o esquecerei.

O que ese día pasou

Con letras eu describo,

Fun coas mans baleiras

E vin para a casa cun libro.

O libro da miña historia,

O que me van a publicar,

Poemas de emigrantes

Obrigados a emigrar.

Poemas de labradores

E tamén de mariñeiros.

Historias en poesía

Desta terra de arrieiros.

De emoción eu chorei,

Coma un rapaz pequeno,

Fíxose realidade

O soño que tivo un neno.

Para Xosé Manuel Lema,

Este poema miudiño,

Cando bautice o meu libro

Ti tes que ser o padriño.

O que fixeches por min

Na vida o esquecerei.

Xúroche fronte a Deus

Que á tumba o levarei.

Radio Xallas, miña amiga,

A voz do pobo xalleiro,

Hoxe cumpriches o soño

De Manolo do Troiteiro.

Manuel Durán.

Pódeche interesar...

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 9 de mayo

Actualización datos Covid-19 Costa da Morte. Domingo 9 de mayo

Viernes 7 de mayo .En Camariñas, Muxía, y Corcubión llevan catorce días sin ningún nuevo caso.  En esta situación…

Ler máis
Especial Víctimas del terrorismo de Galicia I

Especial Víctimas del terrorismo de Galicia I

A lo largo de los últimos meses nuestro director Xosé Manuel Lema ha ido recopilando historias de víctimas  gallegas…

Ler máis
Acordo para aprobar o POS en Muxía

Acordo para aprobar o POS en Muxía

PSOE, PP e BNG chegaron a un acordo para aprobar o POS Publicamos a nota de prensa remitida desde o concello de Muxí…

Ler máis

Noticias sobre A Costa da Morte, as suas comarcas e os seus concellos: Bergantiños, Soneira, Camariñas, Carballo, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Santa Comba e Zas.
Opinión
DIA LETRAS GALLEGAS 2021
Autos Xallas
Primavera Teatral de Paiosaco 2021
Adiante TV 2020
Galería Fotos Históricas
Concello da Laracha
Concello de Mazaricos
En breves

Adiante TV

El primer Coracopsis Vasa nacido en Galicia

El primer Coracopsis Vasa nacido en Galicia

Versos de Frida Kahlo en Radio Xallas

Versos de Frida Kahlo en Radio Xallas

Ha nacido el primer ejemplar de coracopsis vasa en Galicia

Ha nacido el primer ejemplar de coracopsis vasa en Galicia

La Guardia Civil aprehendió dos colmillos de elefante en Cambre

La Guardia Civil aprehendió dos colmillos de elefante en Cambre

Opinión

Carta aberta a Iago Toba: ¿De verdade quere unha moción de censura?

Sandra Vilela

¿De verdade quere unha moción de censura? Calquera alcalde que se honre de chamarse así trataría de evitar ese termo como se fose o peor dos pe…

Sandra Vilela
Ler máis

La Guardia Civil, nuestra policía

Manuel Fuentes Lamas

En el siglo XIX, un 13 de mayo de 1844, a la postre día de Nuestra Señora de Fátima, se firma el Real Decreto de fundación de un Cuerpo de segurid…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Los cereales de cada día

Manuel Fuentes Lamas

Golpe tras golpe, una y otra vez machaconamente asistimos estupefactos a lo que parece ser un intento continuo de derribar nuestra economía rural.Bur…

Manuel Fuentes Lamas
Ler máis

Conversas na Encrucillada

Usamos cookies propias e de terceiros para mostrar publicidade personalizada segundo a súa navegación. Se continua navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK Máis información