A recén constituída Plataforma de Turismo e da Hostalería da Costa da Morte, demanda un Plan de Rescate do sector e non “simplemente unha axuda no que meteron a todos os autónomos de Galicia”.
Con respecto ao borrador do plan elaborado pola Xunta pensan que se trata dun “plan trampa”, dotado con 75 millóns de euros no que “tanto pode acceder un restaurante como unha carpintería metálica”.
Aluden ao fracaso nas negociacións entre Xunta, Deputación e Fegamp e lamentan que as axudas “xa non chegarán dun xeito inmediato”.
Protestar pola falta de axudas de Xunta, Deputación e concellos
“Non descartamos nos vindeiros días, algún tipo de manifestación a nivel Costa da Morte” aseguran nun comunicado onde explican que esta plataforma xurde dun grupo hostaleiros “moi preocupados”, co obxectivo de “unificar todos os criterios” e “alzar a voz para protestar pola falta de axudas inmediatas, tanto pola Xunta a Deputación e polos concellos”.
Demandas axudas con “cantidades reais e non ínfimas”. Afirman que representan a máis de 3.500 familias da Costa da Morte respaldadas por asociación de Carballo, Cee, Muxía, Camariñas, Fisterra, Malpica, Mazaricos, Vimianzo “e máis hostaleiros que dependen dos seus negocios para vivir”