4.8 C
Santa Comba
martes, abril 9, 2024

Juan Blanco:”Co Fondo de Compensación, dannos algo que é noso e aínda quedan coa metade”

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, lamenta que mentres se proxectan macroparques eólicos no rural, seguen as deficiencias en internet ou no subministro eléctrico.

“As liñas de Fenosa están nun estado lamentable pero queren repotenciar os parques eólicos.Non se poden asentar empresas no rural se non temos conexións a internet. Aquí a xente non pode teletraballar” reflexiona o mandatario.

Entrevista a Juan Blanco – Desde o minuto 33

E co tema dos “viraventos” confirma que o concello seguirá “a carón” dos veciños e prestando apoio e asesoramento e matiza:“Non estou en contra da enerxía eólica. Estou en contra da forma de actuar nos parques eólicos”.

Tamén queixouse da falta de apoio da Xunta de Galicia aos concellos rurais. Puxo como exemplo Mazaricos:”Nos últimos cinco anos no concello non houbo investimentos da Xunta en abastecementos, saneamento ou na mellora da conexión á internet.E o mesmo pasa nos colexios e no centro de saúde, no vexo grandes investimentos”.

Camiños, abastecementos e Axuda no Fogar

Non deixa de sorprenderse cos anuncios que fan desde o goberno galego coas axudas do Fondo Compensación:”Co Fondo de Compensación, dannos algo que é noso e aínda quedan coa metade”.

Tal é como se reflexou na aprobación do Plan Único, Blanco comenta que as prioridades agora mesmo son a mellora de camiños e o abastecemento de augas.E tamén o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar”.

Falou tamén da campaña “Namórate de Mazaricos” que pretende dinamizar o sector comercio local:”Queremos fomentar o consumo no comercio de Mazaricos. O veciño da porta pode ofrecer o mesmo produto e hai unha proximidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos