11.7 C
Santa Comba
lunes, noviembre 4, 2024

Faustino Santiago:”O causante deste problema é o alcalde, quere agarrase ao sillón, quere cartos e gastalos como lle pete”

Horas despois do terremoto político que sacudiu as terras pondalianas, coa non aprobación do Plan Único, un dos concelleiros que votou en contra reafirmouse na súa idea:”O causante deste problema é o alcalde, quere agarrase ao sillón, quere cartos e gastalos como lle pete”.

Para o concelleiro “son decisións difíciles pero eu non podo darlle a razón a unha persoa que está xogando cos impostos dos veciños”. Pensa que o que pretende García Carballido é claro:”Él quere poder e cartos. E meter en gasto corriente para facer o que queira”.

Como exemplo da mala xestión que lle atribúe ao alcalde sinalou:”Acaba de perder unha subvención de 110.000 euros do fondo de compensación ambiental, isto é un desastre”.

Entrevista a Faustino Santiago- A partir do minuto 64

Coincide con APIN e co PP en que a única saída é “que se aparte porque ten a corporación en contra. Agora mesmo que marche Carballido é unha necesidade para o pobo”. Incidiu na falta de traballo efectivo do mandatario:”Nin atende ao colexio nin ao concello”.

Faustino Santiago declarou que non saíu contento do salón de plenos. Nin tampouco os seus compañeiros pero “non queremos ser cómplices destas cousas. O alcalde actúa dunha forma ditatorial”.

«Quero pedir disculpas por ter apoiado a este señor»

Tamén critica a postura do PSOE de expulsar a cinco concelleiros sen “ningún tipo de argumento” e pensa que a actitude do partido “deixa moito que desexar”.

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas pediu perdón aos veciños de Ponteceso:”Quero pedir disculpas por ter apoiado a este señor que me enganou o mil por cen”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos