2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

“Entroido cheo de amor“ e «Amor polo comercio local” dúas campañas dos empresarios de Santa Comba

A asociación de empresarios de Santa Comba promove unha iniciativa para apoiar o consumo nos locais hosteleiros que ofrecen almorzos, xantares ou ceas para a recollida ou a domicilio.

Cáles son os premios?

Por este motivo desde este venres 5 e ata o 17 de febreiro convocan un concurso con tres premios. Por esta orde.Unha noite romántica de hotel con hidromasaxe para 2 persoas, con almorzo e ramo de flores (valorado en 145 euros). Unha cea para 2 persoas en calquera dos locais hostaleiros asociados(valorado en 80 euros) e unha cea para 2 persoas en calquera dos locais hostaleiros asociados(valorada en 50 euros).

En que consiste o concurso?

O concurso é sinxelo. Consiste en enviar unha foto disfrazo ou con algún elemento do Entroido, co almorzo, xantar ou cea mercada. Despois debe enviarse por Whatsapp aos números 633181817 ou 618856411. Subiranse ao Facebook da asociación de empresarios e os que máis “gústame” obteñan serán os gañadores.

Participan os seguintes establecementos

Estes son os establecementos participantes:Bar Sunday, Café Bar A Nosa Vila, Cervecería D´Mara, Cervecería Triskel, Hotel Xallas, Restaurante O Novo Salgueiro, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco, e Talladas Gastrobar.

“Amor polo comercio local”

Ademais o vindeiro luns 8 de febreiro arranca outra campaña coa vista posta no Día dos Namorados. Entre o 8 e o 17 de febreiro “ao realizar as túas compras nos locais participantes entregaranche unha papeleta que deberás de cubrir para posteriormente introducir nas urnas que haberá en cada un dos locais”.

Estas papeletas entrarán no sorteo de 15 vales de 30 euros para consumir en calquera das 180 empresas asociadas antes do 31 de marzo
O domingo 21 de febreiro ás 16:30 realizarase o sorte en directo dende as redes da Asociación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos