O Plan Único do concello de Muxía aprobouse con tres votos do PSOE. Este é un dato relevante para a portavoz do PP, que lamenta a pouca vontade negociadora de Iago Toba:”A súa actitude é pasar absolutamente de todo o mundo. Non foi capaz de obter o apoio de ningún grupo. Aprobou o POS en absoluta soedade”.
Pregúntase Vilela que acontecería se a oposición votara en contra do plan pola falta de consenso.”O Plan de Obras non é o que Muxía necesita pero nos abstívemonos para non prexudicar ao noso concello”.
Con este xeito de actuar para a portavoz do PP queda demostrado que “”O alcalde de Muxía é un irresponsable político a todas luces e en moitos aspectos”.
“Cando un está en minoría ten que tratar de chegar a acordos”
E reitera o seu ofrecemento e pídelle ao mandatario “que fale con nós”, que dialogue.”É unha pena. Muxía podería ter un POS mellor e ten un POS peor, pola consecuencia da falta de diálogo. Cando un está en minoría ten que tratar de chegar a acordos”.
Sandra Vilela incidiu na actuación responsable da oposición que “lle está permitindo sacar os temas adiante” mentres o mandatario “dedícase a victimizarse e a campañas de difamación e de acoso e derribo”.
Entrevista a Sandra Vilela en Radio Xallas- Desde minuto
Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas, tamén se referiu ás actuacións iniciadas por Portos de Galicia en Muxía, agradecendo o compromiso da Xunta e tamén o interese do patrón maior.
E expresou a súa preocupación polas obras da estrada de Touriñán e polo estado e a “hipoteca” que recibirán os veciños de Muxía durante os próximos anos ao asumir o concello a titularidade dunha vía, cuxo proxecto de mellora resulta insuficiente.