10.1 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Gonzalo Trenor destaca o esforzo da Xunta en reforzar os SAF e na aposta polos obradoiros de emprego

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, ofreceu unha completa entrevista no programa “Na Encrucillada” de Radio Xalllas, na que tratou varios asuntos.

Entrevista Gonzalo Trenor a partir do minuto 7

Sobre as axudas aos autónomos e ao sector hostaleiro, Trenor defendeu o “diálogo continuo cos colectivos afectados”, cun primeiro plan de rescate con 86 millóns de euros máis o segundo que se vai a materializar en breve.

«Non coñezo algo similar noutra administración»

“O importante é que as axudas cheguen e non queden nun anuncio” afirmou, poñendo en valor a axilidade das mesmas:”En menos dun mes fíxose a convocatoria, resolveuse e xa se aboaron as axudas. Non coñezo algo similar noutra administración”.No caso da Costa da Morte e Bergantiños comentou que na primeira liña déronse 971 axudas por importe de 1,6 millóns de euros.

Reforzo do Servizo de Axuda no Fogar

Outro tema que se tratou foi o do Servizo de Axuda no Fogar. Gonzalo Trenor considera que “cumprir coa lei de dependencia é importantísimo e a Xunta está traballando para que este dereito recoñecido teña o seu traslado en axudas”.

Sinalou que nos orzamentos do 2021 hai “un reforzo dun millón de euros anuais” o que suporá, por exemplo, 40.400 horas máis en Bergantiños e na Costa da Morte. “Todas as persoas que están en agarda van a ser atendidas”.

Tamén valorou a importancia dos Obradoiros de Emprego que “son as ferramentas formativas que ofrecen unha maior inserción laboral”.O delegado territorial avanzou en Radio Xallas a “inminente” contratación das obras de mellora da ponte sobre o río Grande en Baio e da Súa contorna. O goberno galego inviste 330.000 euros na actuación.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos