6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Iago Toba defende a proposta do POS+ 2021 e o traballo do seu goberno

O alcalde de Muxía cualificou de “ambicioso” o plan de obras POS +2021, que enmarcou dentro das distintas melloras proxectadas desde o goberno local. Destaca que a condición de goberno en minoría non impide os avances:”Hai tres persoas que están levando a cabo a labor do concello, dunha maneira moi digna”.

Entrevista Iago Toba- Minuto 29

Investimentos propostos para Muxía

Iago Toba falou de tres eixos dos investimentos do plan de obras. Actuacións de primeira necesidade, como a traída de auga municipal en Morpeguite, Pasantes e Añobres; nos camiños interiores de Morpeguite ou a conexión do saneamento en Labexo e Os Muíños.

Un segundo bloque o define como “gastos de funcionalidade” e o intento de “buscar maquinaria suficiente para poder acondicionar as cunetas durante todo o ano”. E optouse por adquirir unha pala retroexcavadora.

E un terceiro bloque de investimentos, son os referidos ao ocio, coa mellora da área recreativa da “Fonte dos Peidos” en Suxo, ou parques infantís en Senande e Suxo.Ademais haberá melloras nas pistas de pistas de Suxo, Gatarante, Calo, Senande, Trasufre, San Martiño, Merexo, Risamonde, Xanzón ou Castelo. 

“Facemos propostas razonables”

O apartado social servirá para aumentar a partida do Servizo de Axuda no Fogar e para axudar a veciñanza que non poida trasladarse para as vacinacións.

Sobre a situación de minoría e o papel da oposición Toba declarou en Radio Xallas:”Nós facemos propostas razonables, viables, realistas e necesarias. A oposición ten que valora se son ou non positivas e votalas ou non votalas. Supoño que o terán que aprobar pero non o sei, depende deles”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos