13.4 C
Santa Comba
jueves, septiembre 5, 2024

O concello de Muxía asumirá os gastos do traslado dos veciños que non poidan desprazarse para a vacinación

O Concello de Muxía asumirá co gasto do traslado, e retorno ao seu domicilio, da veciñanza que non poida desprazarse ao centro sanitario en canto comece a campaña de vacinación.O goberno local xa ten lista a súa proposta, que levarán a pleno a vindeira semana, para investir os 157.000 euros dos fondos sociais que recibirán do POS + 2021 por parte da Deputación da Coruña. 

Desde o equipo de goberno buscarase que este servizo se leve a cabo de xeito individual, para maior protección, e que o realicen os taxis de Muxía, os cales son desinfectados por parte do Concello periodicamente para proporcionar un servizo seguro.

Ademais de asumir os gastos de transporte dos veciños e veciñas que o precisen, aumentarase a partida do Servizo de Axuda no Fogar, tan necesario nestes tempos de pandemia.

O calendario de vacinación aínda non está pechado pero o executivo local xa está a traballar para telo todo a punto e proporcionar o traslado necesario aos veciños ou veciñas maiores, dependentes ou situación de vulnerabilidade que sexan chamados a recibir a súa dose. 

O alcade de Muxía, Iago Toba, destacou que “esta iniciativa servirá para que os veciños e veciñas de Muxía que non teñan a posibilidade de trasladarse, poidan acudir ao centro sanitario, recibir a vacuna e voltar ao seu fogar”.

“A idea é que as persoas que vivan soas e non teñan un medio de transporte ou non poidan desprazarse con autonomía, sexan recollidos nos seus domicilios e trasladados ao centro sanitario para que poidan recibir a súa vacina”, engaden desde o goberno local.

FONTE – NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MUXIA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos