16.4 C
Santa Comba
sábado, abril 6, 2024

Andrade:”Non teño interese en ser alcalde se non teño un apoio maioritario da poboación”

”Somos unha forza crítica pero queremos buscar solucións”

O portavoz municipal do BNG no concello de Coristanco, José Antonio Andrade Figueiras, defendeu a labor “de oposición constructiva” desenvolvida polo seu grupo:”Facemos un traballo responsable. Somos unha forza crítica pero queremos buscar solucións”.

Entrevista minuto 80 do audio

Descartando unha posible moción de censura 

Nunha entrevista en Radio Xallas, Andrade sinalou que tentan ser “un elemento de cordura”, pechando as portas a unha posible moción de censura cunha mensaxe bastante clarificadora:”Non teño interese en ser alcalde se non teño un apoio maioritario da poboación”.

Comentou que non se trata de promover cambios “de quitar un para poñer outro un anaco” e sí de traballar polo concello de Coristanco. Lembrou que  “temos sentados catro alcaldes no salón de plenos”. Un que está, Juan García e tres que estiveron, Amancio Lavandeira, Antonio Pensado e Abraham Gerpe.

Iso sí, destacou a “boa sintonía” da oposición para promover distintas iniciativas e proxectos, afirmando que “ao goberno non lle queda outra que asumir que conta con minoría”.

Proxectos eólicos en Coristanco

Antonio Andrade tamén opinou sobre os proxectos eólicos, advertindo que “imos quedar cercados de virandolos por toda a parte alta de Coristanco”. E fíxose eco das queixas “da xente que está máis directamente afectada. Para a xente que vive a 300 ou 400 metros son moitos máis os incumprimentos que as ventaxas que poidan ter”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos