A corporación municipal de Santa Comba aprobou unha moción do Partido Socialista para a ampliación do abastecemento de augas a Grixoa e Armán.“Non podemos deixar á xente sen solucionar o problema dos servizos mínimos” dixo Ucha.
CRÓNICA -PRIMERA PARTE- POS 2021
David Barbeira apoiou a moción, partidario “de darlle auga tanto a Grixoa como a Armán” pero recriminoulle ao portavoz do PSOE que “non o metera no Plan de obras que fixo vostede”.
Acordos adoptados no pleno
A proposta socialista consistiu nos seguintes acordos:
– Que se aprobe a ampliación da rede de distribución de augas municipal aos núcleos de Grixoa e Armán.
– Que coa finalidade de darlle prioridade as obras se aprobe o carácter de urxencia e se acometan de xeito imediato con cargo os fondos municipais.
-Que se faga unha planificación a gran escala para ampliar a rede de distribucion de augas municpal a outras zonas deficitarias.
Moción aprobada do PP
O Partido Popular optou pola abstención. María Pose coincidiu que é preciso o abastecemento de auga pero referiuse a “batalla campal” e a “situación caótica” que se vive nesta parroquia e pediu que se “deixen de rencillas” e se arranxen os problemas hai na actualidade.
Cos votos de PP e Compromiso, tamén se aprobou unha moción dos populares en defensa da autonomía financeira en materia tributaria de Galicia. O PSOE abstívose considerando que “este non é o foro adecuado”.
María Pose:”Non se está facendo nada”
Os decretos, rogos e preguntas ocuparon o treito final do pleno. María Pose(PP) criticou a acción do goberno:”No concello de Santa Comba non se está facendo nada”. Criticou o gasto de 1.500 euros nun spot da TVG “cando non se pode saír das casas”. Coincidiu nas críticas o PSOE.
Campo de fútbol e o soldo do teniente alcalde
Esther Espasandín(PP) interesouse polos gastos do goberno e Silvia Cancela(PP) rogoulle ao portavoz do PSOE que deixara de falar do campo de fútbol porque “é xa un tema cansino”, e díxolle que empregara os seus esforzos noutros temas “porque está cobrando un soldo de 33.000 euros”.
O tema do soldo tamén foi utilizado polo alcalde David Barbeira:”Vostede está cobrando un soldo e apenas dedica tempo ao concello de Santa Comba. Está incumprindo.Póñase a traballar”.
Con respecto ao campo de Fontenla, Ucha díxolle á concelleira do PP:”O campo de fútbol non é seu, é do concello. Eu critico para que as obras queden ben”. E con respecto ao seu salario, aludiu ao pacto de goberno e asegurou que cumpría:”Eu veño prácticamente todos os días e ademais estou localizable”.
Ucha tamén preguntou por gastos dunha viaxe a Madrid e do servizo multimedia.Jéssica Antelo(PSOE) lamentou que tivera que recibir respostas do alcalde a través de Radio Xallas.